viernes, 13 de abril de 2018

Viaxe a Bilbao


Luns

No primeiro día de viaxe a Bilbao, fixemos pola maña unha parada na Catedral Románica de San Martín de Fromista, en Palencia. Alí un guía falounos un pouco da súa historia e tamén nos contou o que significaban os capiteis, os cales contaban historias bíblicas para ensinar ao pobo nesa época.

Despois asistimos a outra igrexa que tiña un espectáculo de luces o cal fixo moi interesante escoitar a súa historia



          Despois de comer ,fomos a un acueduto moi antigo desa cidade o cal era utilizado para dirixir a auga e permitir navegar aos barcos. Xa pola tarde chegamos a Bilbao onde visitamos un miradoiro antes de ir ao albergue.




Resultado de imagen de catedral románica de san martín de fromistaResultado de imagen de acueducto formista







Martes

O segundo día pola maña despois de desayunar fomos de paseo pola cidade mentres os profesores nos contaban curiosidades dos monumentos e edificios.


           Despois fomos ao Guggenheim que me pareceu un museo incrible que conta con moitas obras de arte e algunhas exposicións coas que podíamos actuar, o que mais me gustou do museo foron as salas nas que tiñas que adiviñar como sucedían algunhas cousas, como por exemplo como unhas pedras se mantiñan flotando no aire sen ningún tipo de suxeición



Ao acabar de xantar fomos a ver a famosa estatua do Puppy para despois ir de visita a Alhondiga unha especie de centro social que había sido remodelado con unhas columnas moi características, xa que cada columna era diferente ao resto.A última visita do día foi a Portugalete, a coñecer a ponte de Bizkaia, a cal era moi peculiar, xa que transporta a xente e os coches a través dun vagón que se vai movendo por encima do rio.Por culpa do mal tempo non puidemos subir encima da ponte. A guía nos dixo que se cría que foi creada polo aprendiz de Alexandre Gustav Eiffel, o creador da torre Eiffel.








Mércores
O mércores fomos de viaxe ao Geoparkea, una praia que esta en protección xa que ten a particularidade de que grazas as ondulacións das rochas pódense atopar estratos de hai millóns de anos, que nos axudan a saber como era Terra nese tempo. Estes pregamentos crean un efecto moi bonito en toda a praia. 

                Despois fomos a dar un paseo en barco e de visita a una lonxa abandonada. Onde vendían o pescado hai décadas mediante un mecanismo moi estraño no que os poxadores tiraban una bola a través dunhas pancas.

Pola tarde viaxamos a ermida de San Juan de Gaztelugatxe, una igrexa moi famosa xa que para chegar a ela hai que pasar por unas escaleiras que están na cima dun acantilado. Nese lugar rodáronse películas e series moi famosa como Xogo de Tronos. Este lugar foi o que mais me gustou da excursión xa que me pareceu incrible e moi fermoso.
















Xoves
O xoves pola mañá recollimos a habitación e fixemos as maletas xa que marchamos de Bilbao cara Atapuerca, un xacemento prehistórico moi importante xa que se atoparon restos de homínidos moi importantes e existencia dunha especie descoñecida, o homo anteccessor, durante a visita faláronos de como se atoparon os restos e de como se cría que era a súa forma de vida. Despois marchamos a unha parte onde había unhas recreación de ferramentas que usaban os nosos antepasados.


                Pola tarde nos reunimos con outro guía que a min particularmente gustoume moito como explicaba, levounos de visita a Cartuja de Miraflores en Burgos onde vivía unha orde relixiosa chamada cartuxos que levaban unha vida moi difícil xa que apenas podían falar comían moi pouco e tiñan que rezar de seguido. na cartuxa había un retablo barroco que ten moita importancia, xa que Napoleón estibo alí e fixo moitos estragos durante a súa estancia. Despois de visitar a cartuxa dirixímonos a Catedral de Burgos, onde o guía nos explicou todas as obras de arte que había. 




Resultado de imagen de cartuja de miraflores


Resultado de imagen de atapuerca museo



Venres
O venres recollimos todas as cousas, xa que era o último día de viaxe. Pola maña visitamos o Museo da Evolución Humana. Onde complementamos o que nos contaron en Atapuerca, xa que tamén nos contarón como vivían e como eran os nosos antepasados.

                Pola tarde xa de regreso a casa pasamos pola vila romana de Olmeda. Un museo onde se atopan os restos dunha antiga cidade romana. Despois desa parada continuamos o viaxe de regreso a Vigo. Chegamos pola noite e deume un pouco de pena regresar, xa que o pasamos moi ben toda a semana.



Resultado de imagen de Museo da Evolución Humana




Resultado de imagen de  vila romana de Olmeda














* A maioria das imaxes son miñas pero as seguintes imaxes saqueinas de internet:


- Museo da evolución humana
- Retablo Cartuja de Miraflores
Vila romana de Olmeda

No hay comentarios:

Publicar un comentario